AVISO IMPORTANTE: RUTA CANCELADA
Ante o mal estado das estradas decídese suspender a ruta solidaria por Ancares ata nova data.
Rogamos a todos aqueles que xa fixeron o pago se poñan en contacto con rutasolidariaancares@gmail.com indicando o número de conta para a devolución dos cartos.
O club de Montaña Verso libre en colaboración coa Federación Galega de Montañismo organiza unha ruta de carácter solidario pola contorna dos Ancares. A citada actividade terá lugar o 11 de Febreiro de 2018.
O importe das inscripcións irá destinado íntegramente as parroquias máis afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de Outubro.
A ruta sairá do Albergue de Ancares en Campa da Braña e terá coma obxectivo o cumio de Tres Bispos. Haberá un picnic solidario e unha charla informativa sobre o impacto dos lumes no ecosistema de Ancares.
Para máis información contactar o mail rutasolidariaancares@gmail.com