Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

Saúdo da presidenta da Federación Galega de Montañismo

Como presidenta da FGM satisfaime darche a benvida na túa calidade de visitante desta páxina oficial. Como poderás apreciar estamos a reestruturar esta WEB co obxecto de facilitar o acceso á moita información que se xera cada día no montañismo galego e facer máis posible a divulgación e promoción de todos os deportes de montaña na Comunidade de Galicia.

Desde que tiven a honra de recibir o apoio maioritario dos estamentos da Asemblea Xeral da FGM, puxémonos a traballar intesamente, en resposta ao noso compromiso de fortalecer a imaxe do montañismo galego e poñer en valor a todos os seus estamentos a través das actuacións necesarias indicadas no Plan estratéxico.

É noso deber facilitar a práctica de todos os deportes de montaña á sociedade galega, tanto nas actividades non competitivas como competitivas, ofrecendo dende a Federación Galega de Montañismo, as axudas e servizos a todos os estamentos.

Durante esta lexislatura á FGM está afrontando con determinación un necesario e importante proceso de dixitalización, o que permitirá implantar os cambios precisos para simplificar trámites administrativos que suporán unha importante mellora das xestións.

En consecuencia, nesta páxina poderás acceder a noticias, calendario, resultados, inscricións, pagos, historia, imaxes… e diferentes seccións que che permitan estar informado e culminar xestións que necesitas.

Agradecéndoche a túa visita, envíoche un cordial saúdo.

Josefina Maestu Almeida

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content