Josefina Maestu Almeida

Como presidenta da FGM satisfaime darche a benvida na túa calidade de visitante desta páxina oficial. Como poderás apreciar estamos a reestruturar esta WEB co obxecto de facilitar o acceso á moita información que se xera cada día no montañismo galego e facer máis posible a divulgación e promoción de todos os deportes de montaña na Comunidade de Galicia.
Desde que tiven a honra de recibir o apoio maioritario dos estamentos da Asemblea Xeral da FGM, puxémonos a traballar intesamente, en resposta ao noso compromiso de fortalecer a imaxe do montañismo galego e poñer en valor a todos os seus estamentos a través das actuacións necesarias indicadas no Plan estratéxico.
É noso deber facilitar a práctica de todos os deportes de montaña á sociedade galega, tanto nas actividades non competitivas como competitivas, ofrecendo dende a Federación Galega de Montañismo, as axudas e servizos a todos os estamentos.
Durante esta lexislatura esta FGM esta afrontando con determinación un necesario e importante proceso de dixitalización, o que permitirá implantar os cambios precisos para simplificar trámites administrativos que suporán unha importante mellora das xestións.
Polo tanto, nesta páxina poderás acceder a noticias, calendario, resultados, inscricións, pagos, historia, imaxes… e diferentes seccións que che permitan estar informado e culminar xestións que necesitas.
Agradecéndoche a túa visita, envíoche un cordial saúdo.
— Josefina Maestu Almeida