Este domingo 10 de xullo tivo lugar a terceira proba da liga de sendeirismo de Galicia, da man do club Airiños.

Na cal fixemos o PR-G 119 roteiro do Xabriña. Concentrámonos no inicio de roteiro e fomos agasallados por parte dos anfitrións cun café e un doce típico. Tras unhas palabras do presidente da federación e o organizador, comezamos a camiñar e gozar deste fermoso roteiro, os seus muíños, a súa paisaxe, as súas fragas o rumor das augas…..

Tivemos un día precioso de sol e moita calor; como a temperatura era moi elevada optouse por recortar o percorrido facendo só unha parte, na que a vexetación exuberante destas fermosas fragas protéxenos do sol.
Con todo iso, puidemos gozar desta magnífica xornada de compañeirismo e exaltación das virtudes deste roteiro homologado.

PREME AQUÍ: Tendes todas as fotos neste enlace, así como un vídeo resumen.
https://photos.app.goo.gl/bPJrBCxkuSFRy1mZ6


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade