O domingo 18, tivo lugar a IV e última proba da primeria Liga de Sendeirismo de Galicia:

A idea: Algo sinxelo, facer unha ruta accesible a todo o mundo por un sendeiro homologado en cada provincia.

Despois de Lugo, Ourense e Pontevedra, tocaballe a Coruña.  O Club Montaña Ferrol -Alpinista Abrente, recolleu o testigo de Club O Caxado que era quen tiña previsto facelo, e mellor foi, porque parte da zona dos sendeiros de As Pontes, quedaron afectadas polos incendios deste verán. Autentica magoa, que nos está a deixar moi perxudicados os montes de Galicia!.

A ruta escollida foi o PRG 2022 da Fervenza do Rexodoiro, no Val de Dubra.

Mellor maña imposible para camiñar, a fervnza incluso tiña moi boa carga de auga.

E o medio cento de participantes, de todas as idades, das 4 provincias desfrutaron dun percorrido entre carballeiras, pola beira do río e entre campos e mainzo. Hai que destacar a limpeza dos camiños realizada polo concello de Val de Dubra.

A recepción correu a cargo do pte en funcións da Federación Adolfo Puch,  rodeado dos exdelegados provinciais en Coruña, Lugo e Ourense, asi como un exvicepresidente, o Pte do Montaña Ferrol – Alpinista Abrente, Xan Ramírez, despois de dar unha publicación sobre o sendeiro e uns regalos do propio club, explicou as características do percorrido, horarios posibles, e otras alternativas pola zona. En torno as 14 dábase por finalizada a actividade.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade