Este domingo 26 de xuño, tivo lugar a II proba da Liga de Sendeirismo, da man do clube Montaña Ribeira Sacra, fixemos a ruta PR-G98 canón do Sil.

Na hora sinalada xuntámonos diante do Concello, iniciamos a ruta, atravesando as rúas de Parada de Sil, camiño ata o primeiro miradoiro que forma parte desta fermosa ruta, chamada tamen dos balcóns de Madrid, dende este vimos este fermoso canón do río Sil. Continuamos camiñando, atravesando soutos e carballeiras, gozando dunhas impresionantes panorámicas, e así chegamos o mosteiro de Santa Cristina, onde aproveitamos para comer algo e repoñer forzas. Dende este punto tocou ascender ata Parada de Sil, onde puxemos o punto final a este fermoso día.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade