
Este ano organizada conjuntamente polo Clube Os Sendeiros de Foz e a FGM.
Preciosa ruta polo concello de Barreiros, Ruta da Historia, partimos de Santo Estevo, pola su fermosa fraga, subimos a Penabor, precioso mirador a ría de Foz e a costa ata Burela, seguimos camiñando cara Penalonga, teito do concello de Barreiros, cunhas inmellorables vistas da contorna, Asturias, a Mariña, o Xistral, logo baixamos a Comado e terminamos no Círculo Lítico da Roda, e como colofon xantar de confraternidade na Yenca na praia de Arealonga.
Gran día, en grata compaña.
O Presidente do Clube Roberto Morís e o Presidente da Federación Adolfo Puch felicitaron os asistentes pola súa participación entusiasta pertenecían o Club Alpino Ourensán, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, Clube de Montaña Xistra e Asociación Os Sendeiros de Foz.