Erguíase o día en Chandrexa con trazas de día histórico, facía sol e calor, a vila chea da élite das Carreiras por Montaña, e moita xente coas súas ilusións postas neste lugar.

A FGM presentou unha Selección integrada por 43 deportistas, xente nova que se estreaba coa camisola pero tamén xente de moito nome, deportistas que levan anos e anos facendo kms polos montes de Galicia, pero tamén pola península e algúns en probas internacionais.

Todos e todas grandes deportistas e loitadores, algo que fixo que a familia da Selección Galega traballase en conxunto para poder pelexar polo podium, e este traballo recollérono neste caso os chicos da absoluta, que estaba integrada por: Aythami López, Samuel Saborido, Elpidio Gómez, Marcos Pascual, Miguel Vázquez, Alexandre Otero, Roberto García e Marcos Naya. Fixeron unha grande carreira no persoal pero sobre todo en equipo. Sen ser conscientes dende o principio do que estaban labrando, foron pasando os kilómetros ata que pasada a metade da proba víronse con forzas de dalo todo e atopáronse ben posicionados para cruzar a meta e puntuar de tal maneira que levaron a Selección a ser CAMPIONA DE ESPAÑA de CxM.

Resaltar tamén a participación do equipo feminino e o resto de categorías, que destacaron sobre o resto de competidores nacionais deixando claro que o trail galego é de nivel e só queda explotalo.

Ademais no clasificatorio da proba destacaron os cadetes Alma Pereiro e Álvaro Soto que fixeron 2º e 3º postos respectivamente.

Parabéns a todos e a seguir desfrutando da Montaña!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade