O vindeiro sábado 7 de setembro, o Parque da Canuda en Salvaterra de Miño acollerá o Campionato de Marcha Nórdica Xunta de Galicia 2025, tanto na categoría individual como na de clubs na III Proba e Final da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica. Trátase dunha cita obrigada para os afeccionados e deportistas da marcha nórdica de toda Galicia, onde se xogarán títulos rexionais nesta especialidade en auxe.

Así mesmo, este día e á mesma hora celebrarase o II Campionato Aberto Municipal de Marcha Nórdica de Salvaterra.

Tras o éxito das edicións anteriores, este ano espérase un número récord de marchadores e unha gran presenza de clubs de toda a rexión, nunha xornada marcada pola deportividade, a convivencia e o espectacular contorno natural que ofrece o Parque da Canuda.

A organización, liderada polo Club de Montaña Airiños e coa colaboración Federación Galega de Montañismo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o Concello de Salvaterra de Miño, preparou unha atractiva ruta adaptada a todos os niveis, cumprindo os estándares técnicos da federación e garantindo a seguridade de todos os participantes.

Convidamos a competidores, practicantes e principiantes neste deporte a gozar dun día de competición e celebración centrado na marcha nórdica.
En nome dos organizadores, o Club de Montaña Airiños e a Federación Galega de Montañismo, faremos todo o posible para que levedes para casa unha fermosa lembranza deste día e deste lugar na fronteira con Portugal, situado ás beiras do río Miño.

A inscrición xa está aberta

Se queres participar e formar parte deste gran evento da marcha nórdica, xa podes inscribirte a través das seguintes ligazóns oficiais:

Ven representar o teu club ou competir individualmente. A Marcha Nórdica Galega agárdate o 7 de setembro en Salvaterra de Miño!

Non a perdas!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade