Unha representación da Selección Galega de CxM, ven de participar no Trail Intercéltico de Guerlédan, na Bretaña Francesa. Galicia foi invitada por primeira vez a este evento por dobre motivo: era a “nación celta” que faltaba e tamén porque Guerlédan está irmandada ca vila de Sarria dende fai 25 anos. Destacar que o acollemento e atención ós galegos foi exquisita, estando pendentes de nós en todo momento.

No eido deportivo, destacar que esta carreira intercéltica, de 26 Km, ten lugar durante un fin de semana no que hai mais carreiras de diferentes distancias, cun total de 3.000 participantes.
A selección galega competiu cas seleccións de Bretaña, Irlanda, Escocia, País de Gales,Cornwall e Portugal. A carreira tiña unha participación grande (1.000 corredores), esgotados os seus dorsais á hora de apertura das inscricións.

A participación dos nosos corredores e corredoras foi moi boa, destacando a Samuel Saborido Soñora que acadou un 20º posto da xeral e 2º de categoría, e a Tamara García Rodríguez no 92ª da xeral e 19ª feminina.

O evento deportivo pechou con unha festa de despedida das seleccións, emprazándonos a participar o ano próximo.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade