A Federación Galega de Montañismo continúa mellorando as súas canles de comunicación coa comunidade montañeira galega. Desde hoxe, as persoas interesadas poderán subscribirse ás novidades publicadas na nosa páxina web de maneira rápida e sinxela.

Na sección “Actualidade” incorporouse un novo espazo onde cada usuario ou usuaria poderá introducir o seu enderezo de correo electrónico para recibir directamente as últimas novas, convocatorias, actividades, formacións e información de interese relacionadas coa Federación.

Esta nova funcionalidade permitirá manterse informado de forma cómoda e inmediata sobre toda a actualidade federativa, facilitando o acceso á información máis relevante sen necesidade de visitar a web de maneira periódica.

Animamos a todas as persoas federadas, clubs e afeccionados aos deportes de montaña a utilizar este servizo e a formar parte desta canle de comunicación directa coa Federación Galega de Montañismo.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade