Esta fin de semana tivo lugar o XLVIII Campamento e Marcha Infantil/Xuvenil da FGM organizado por a Agrupación de Montañeros Independentes (AMI).
A actividade que estivo moi ben planificada por parte da organización elixindo como zona a serra do Courel e utilizado con moi bo criterio o refuxio que ten a federación na Seara.
O primero día, a medida que forón chegando os paticipantes do encontro, estes foronse sumando as actividades lúdicas que forón realizando os diferentes monitores do clube organizador para romper o xeo.
Agradecer pola esplendida cea que organizou Mariquiña a cabeza da cociña. Ofreceuse con moito traballo e entusiamo a todos os participantes infantis-xuvenis e os maiores acompañantes que o desexaron, esta estivo amenizada con xogos cooperativos para entreter os rapaces.
Posteriormente tocaba a retirada as liteiras, xa que o día seguinte tocaba camiñar.
Pola mañá cedo, fíxose un almorzo saudable para os participantes e acompañantes con moita froita. Comezouse a caminar pola fresca para ascender o pico mais alto da Serra do Courel “O Formigueiro”. Subiuse por unha senda circular co valor engadido de non repetir o percorrido.
Temos que mencinar que nesta saída primaba ante todo o grupo mais que o individualismo, onde en todo momento tratábase de que todos os rapaces chegaran a facer xuntos o cumio. Nótabase o bo facer e os ánimos de Alfredo o responsable da sección infantil do Clube Peña Trevinca Montañeiros de Galicia de Vigo xa que fixeronse todas as paradas precisas e animábase os mais cansos en todo momento.
Xa de volta no refuxio, unha boa comida e por último … colaborar todos nas tarefas de limpeza do noso refuxio.
Unha fin de semana con xogos, cea e almorzo comunitario, durmida en grupo nas liteiras cos sacos, ascensión e novas amistades montañeiras fora do círculo inmediato dos rapaces.
Por parte da FGM queremos dar as gracias a todos os participantes e sobre todo a AMI, o clube organizador por todo o esforzo que supón está actividade.
¡NORABOA A TODOS!