O pasado sábado día 16 de xuño realizouse en Narón unha nova xornada de divulgación de marcha nórdica.
Nesta ocasión coa colaboración do Concello e a participación da Asociación de Amig@ do Corazón (AMICOR). A actividade estivo moi entretida cunhas 25 persoas inscritos.
A xornada estivo a cargo de Cecilia Garcia que despois dunha breve exposición no local social de O Couto, prodeceuse a por en práctica os conceptos aprendidos polo tramo do camiño inglés.