Concentración do equipo durante 3 días no refuxio “El Llano” de Quirós en Asturias cos obxectivos de mellorar o seu nivel técnico de escalada en rocha caliza e afrontar itinerarios “a vista” no seu máximo nivel.
Os rapaces poideron disfrutar da escalada técnica destas míticas paredes durante todo o día do venres e sábado, acadando bos resultados en conxunto e disfrutando dunhas xornadas de convivencia na montaña.
¡¡¡Sen dúbida, unha gran experiencia para todos eles, que esperamos poder repetir en próximas datas!!!