Xornada de Seguridade nas actividades deportivas de montaña | A CORUÑA

Cursos, Xornadas

 O obxecto desta nova iniciativa da EGAM-FGM é visibilizar a importancia da seguridade na práctica das actividades deportivas de montaña, xa que normalmente  desenvólvense no medio natural e afastadas de entornos urbanos e controlados.

Nesta xornada poñeremos o foco na prevención de riscos, na formación, preparación e planificación das actividades, para que estas sexan non só máis seguras, se non tamén máis efectivas, exitosas e de maior calidade.

Tendo en conta que estamos a comezar o inverno, na que a hostilidade do medio e as condicións son máis severas, aproveitaremos para facer unha práctica cos elementos de seguridade indispensables para as actividades na montaña invernal, dun xeito lúdico á vez que rigoroso.

DATA: Sábado 24 de xaneiro de 2026

LUGAR:  A Fabrica de Santa Cristina, Oleiros, A Coruña (Grazas á colaboración do Concello de Oleiros)

HORARIO: de 9:30  a 15:00h

DESTINATARIOS/AS: Persoas deportistas federadas interesadas na mellora da seguridade nas actividades deportivas, en especial ás vencelladas á organización de actividades nos clubes de montaña da FGM.

PROGRAMA:

10:00h: Presentación da xornada. Importancia da formación para a prevención de accidentes en montaña.

Alejandro López Sánchez, presidente da FGM. Katya Sanz Ochoa, directora da EGAM.

10:30h: Prevención de riscos nas actividades de montaña. Que podo facer eu para minimizalos?

Manolo Taibo Vázquez, técnico experto en prevención de riesgos en montaña.

12:00h: A siniestralidade nas actividades deportivas de montaña. Protocolos de comunicación en accidentes de montaña.

Fernando Fernández Rey, vicepresidente da FGM, vogal de licenzas e relacións institucionais.

12:30h: Pausa-café.

13:00h-15:00h: Achegamento á seguridade na montaña invernal: DVA, pala e sonda. Funcións e especifidades.

Actividade práctica de búsqueda de vítimas de avalancha (ría de Santa Cristina). En caso de dispoñer de equipo de DVA, persoal o prestado polo club, será interesante levalo. A organización tamén dispora de equipos para a realización das prácticas.

Adrián Freire García e Fernando Fernández, técnicos da EGAM de alpinismo e esquí de montaña.

INSCRICIÓNS: Á inscrición é gratuita, pero será necesario inscribirse na seguinte ligazón, a efectos de control de aforo e organización das actividades prácticas:

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade