Xornada de adestramento e convivencia cos deportistas que aspiran a formar parte da Selección Galega de CxM nas categorías de CADETE, INFANTIL e XUVENIL. Nesta convocatoria están convidados todos os rapaces e rapazas que corran por montaña e teñan licenza Federativa da FGM ou FEDME en vigor dos distintos clubs da comunidade que desexen participar en dita xornada.
DATAS E HORAS DO CURSO: Xoves 1 de Maio de 2025 en Chantada (Lugo) de 9:00 a 19:00 h.
LUGAR: Chantada – Lugo
OBXECTIVOS DA XORNADA:
- Coñecer ós rapaces e rapazas federados en montaña, que compitan en CxM
- Seleccionar a un grupo para o Campionato de España en Idade Escolar (CESA)
- Mellorar a técnica de carreira, técnica de baixada e subida orientadas a CxM
- Realizar unha proba avaliativa de capacidades correspondente ás distancias por regulamento para a selección
- Aprender estratexia de carreira segundo o terreo, condicións ambientais e as capacidades individuais de cada corredor/a
- Recoñecer os valores deportivos e a importancia do medio ambiente
PREZO : a participación na xornada é gratuíta.
SÓ FEDERADOS/AS.