
Durante os días 1 e 2 de xuño organizarase pola FGM dende a vogalía de Mantemento de Zonas de Escalada en colaboración co concello de Baleira (Lugo), unhas xornadas sobre o mantemento de zonas de escalada no medio natural.
En vindeiros días abrirase un formulario para inscribirse nas xornadas que son de balde.
O programa das xornadas e o seguinte:
DÍA 1 DE XUÑO DE 2019
09:00h. Acreditación de asistentes.
09:30h. Apertura inauguración das xornadas.
09:45h. As áreas de escalada como instalacións deportivas no medio natural. (Gael González. Licenciada en Dereito. Master en Dereitode Deportes de Montaña. Membro Comité de Seguridade FEDME).
10:30h. Áreas de escalada en Gipuzkoa: un exemplo de xestión (TetxusBarandiarán. Xerente Federación Gipuzkoana de Montaña).
11:30h. Coffee Break.
12:00h.Responsabilidade Civil e Responsabilidade Patrimonial na xestión dunha área de escalada (José María Nasarre. Doctor en Dereito. Director do Master de Dereito dos deportes de Montaña. Membro do comité científico da FEDME).
13:00h.Equipamentos de Escalada e Medio Natural (Sergio Torio Castañeda – Guía de Escalada e Biólogo).
14:00h. Xantar.
16:00h. Modelos de comités de mantenemento de zonas de escalada en Andalucía. (Javier Flores –vocal infraestructuras da Federación Andaluza de Montaña “delegación sevillana”).
16:45h.Situación dos sistemas de autorizacións nas áreas de escalada situadas dentro de espazos protexidos de Galicia. (Miguel Seoane – Escalada Sostenible “Delegación Galicia”).
17:30h.Coffee Break.
18:00h. Mesa Redonda – Hacia unha xestión integral e unha regulación dinámica das áreas de escalada en España (Modera: Alejandro López; Interveñen: Alfonso Louro (FGM); ponentes; representantes da ADMON…).
19:30h.Peche da Xornada.
20:30h. Cena de confraternización (Necesaria inscripción previa).
DÍA 2 DE XUÑO DE 2019
Actividade de iniciación á escalada na nova zona de Baleira tutorizada por técnicos da Escola Galega de Alta Montaña.(Necesaria inscripción previa).
Eiquí tendes o pdf anunciador que se pode descargar