XUNTANZA DE INTERCENTROS DE ALPINISMO NO URRIELLU

Por fin comeza a andaina da nova promoción do ENAG (Equipo Novos Alpinistas Galeg@). E qué mellor que arrancar co Intercentros, que se celebrou en Picos de Europa, concretamente no Urriellu. Daniela, Jaime e Pablo coñeceron escalador@s doutras autonomias aínda que non poideron compartir cordada polo tema do Covid.

Nesta primeira actividade centrámonos sobre todo na seguridade, asegurar correctamente, colocación de seguros, rapel, xestión da corda, xestión do risco, material… Tres días de actividade onde puidemos facer catro vías diferentes en tres caras do Picu: sur, este e oeste.

Entrada pola porta grande no maravilloso mundo do alpinismo! Coma no equipo anterior, un verdadeiro pracer compartir estes días de escalada, risas, compañerismo, amistade.

As vías escaladas

Vía Nani ao espolón Sureste, 225 m V+

Amanecer Incierto 180 na cara Sur máis Cepeda 300 m 6a na cara Este.

Sagitario 200 m 6a+ na cara Oeste

Imaxes das escaladas feitas

https://www.torredenunez.com/es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.