O día 20 tivo lugar a primeira xuntanza de clubs por provincias convocada pola Federación, para manter un contacto mais directo cos clubes.
A reunión provincial de Coruña que foi nos locais do Club Montaña Ferrol, contou coa presencia de membros de 5 clubes da provincia, mais o pte da Federación Adolfo Puch, o Vicepresidente Raul Leiros e o Drtr. Técnico Xose Manuel P. Prego.
Unha breve introducción por parte do presidente, facendo un escueto balance, da situación actual e das áreas nas que se está a traballar, así como os eventos deportivos mais interesantes que haberá este ano en Galicia.
Despois abreuse, un distendido debate sobre actividades, e un dos temas que mais preocupan na actualidade: a responsabilidade na organización.