Hoxe día 13 de febreiro, tivo lugar unha Xuntanza onde púxose de manifesto unha vez máis a total coincidencia nas accións emprendidas dende fai tempo pola Federación e Escalada Sostenible, cara aos accesos a Zonas de Escalada espalladas por toda a nosa Galicia. Dita Reunión serviu fundamentalmente para corroborar a total sintonía de ambas entidades en defensa dos nosos escaladores e o séu acceso os espacios naturais protexidos.
O encontro nesta ocasión contou coa participación do Presidente da F.G.M. Adolfo Puch, o Delegado en Galicia de Escalada Sostenible Miguel Feijóo e o Vicepresidente da Área de Escalada José Antonio Villar, que manifestaron o afán de colaboración no que están inmersos dende fai un longo período na defensa do noso ámbito deportivo nas vías e sectores de escalada de Galicia.
Todas as accións emprendidas fai tempo de diálogo flúido coas Administracións, en particular coa Xunta de Galicia nas súas vertentes Deportiva e Medioambiental, vense potenciadas especialmente con novos contactos nos que a colaboración entre ambos colectivos Escalada Sostenible e Federación Galega de Montañismo poden ser moi beneficiosos para o noso tecido de escaladores federados.

¡Queremos dar a noraboa a todo o equipo de Escalada Sostenible e animar a todos os Clubes a apoiar esta gran iniciativa!