XVI ANDAINDA POPULAR CONCELLO DE RIVEIRA

O  día 9 de setembro celebrouse na Barbanza a andaina de Riveira, popularmente coñecida por este nome.

Andaina patrocinada polo Concello de Riveira. A saída fíxose as 9 da mañá cuns 200 participantes. Os tramos propostos eran 20, 30, 40 e 50km.

Aviso por parte dos organizadores da alerta por temperaturas extremas e polo tanto precaución coa auga, nos controis era obligatorio o bidón.  A organización repartía a maiores dos controis, auga a avituallamientos polos diferentes tramos.

Andaina moi dura que tivo bastantes abandonos pola calor; pero tería unha final feliz para os participantes, xa que as portas do Pabellón de deportes estaban abertas a piscina e o spa, queremos novamente agradecer o concello de Riveira polo seu esforzo.

¡Grazas e ata o ano que ven!