O día 8 de xullo de 2018 celebrarase o XXIV Descenso Galego de Barrancos da FGM.
Este ano organiza a actividade o Clube de Montaña Xistra.
Xa está aberta a inscrición e as prazas son limitadas.
Descenso do Barranco do Carcerelha en Portugal (Xurés-Gerés). Durmiremos no refuxio de Albite ou nalgún punto de Muíños, Lobios ou Entrimo (se o refuxio non estivese aberto). Actividade só para federados galegos con licenza FEDME B ou superior.
Desprazarémonos o sábado e faremos noite na zona. O descenso será o domingo 8 cunha comida de confraternización opcional.