O pasado 9 de setembro celebrouse XXX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos en Foz onde nos xuntamonos clubs de toda Galicia. Agradecer o clube organizador de esta saída todo o esforzo “Club de Montañismo Os Sendeiros de Foz“.
O tempo acompañou e permitiu gozar da fermosa paisaxe, non houbo contratempos nin incidentes todo discorreu do xeito plantexado. Foi un día maravilloso onde poidemos confraternizar membros dos distintos clubs mentres camiñabamos.
Nunha primeira parte a ribeira do río Ouro, para logo enlazar co paseo que une as praias de a Pampillosa e e vila de Foz.
Demos a coñecer este fermoso rincon de Galicia a Mariña Lucense.
Un total de 80 participantes percorreron esta bisbarra, e rematamos cun xantar de confraternidade, con agasallos e recoñecendo o montañeiro mais veterano, a montañeira mais veterana e o club coa maior asistencia.
¡¡Gracias a todos os participantes por este día tan xeitoso!! ¡¡Ata a vindeira edición!!