EQUIPO DE NOVOS ALPINISTAS GALEGOS

O Equipo de Nov@s Alpinistas Galeg@s (ENAG), está liderado polo técnico ENAG José Romay, inserido no Programa de Tecnificación de Alpinismo (PROTAL) e na Asesoría de Alpinismo da FGM.

Este programa ten como obxetivo xeral a promoción no deporte galego do alpinismo para tir opción de entrar no equipo do alpinismo de alto rendemento da FEDME. O PROTAL é un programa recoñecido pola FEDME e polo Consejo Superior de Deportes (CSD), constituindo un esforzo común xunto cos PROTAL que desenvolven outras federacións autonómicas.

Tod@s os deportistas do PROTAL son maiores de idade, entre os 22 e os 25 anos, idade moi adecuada para formarse no alpinismo.

formación

Este programa de tecnificación esta centrado na formación técnica – práctica dos diferentes contidos do alpinismo, tendo en conta que é un deporte difícil desenrolo se non se dispón dos mínimos recursos técnicos e experiencia así como mínimos materiais, sen esquecer os básicos de seguridade e prevención do risco na práctica do alpinismo para recoñecer de forma constante a información que a montaña e o medio natural ofrece .

Estamos a falar dun programa de tecnificación en actividade en alta montaña para gañar experiencia nos seguintes contidos: escalada en rocha e en grandes paredes, escalada artificial, escalada en xeo e mixto, nivoloxía, progresión glaciar, esquí de montaña, orientación, planificación de actividades, seguridade, autorrescate, equipamento, metereoloxía.

Colaboración

Dende a Asesoría de Alpinismo da FGM apostamos por este equipo ENAG con todas as nosas posibilidades e recursos para que sexan o foco do alpinismo galego nos próximos anos e aspiramos a velos evolucionar ó longo das actividades planificadas no programa de tecnificación, focalizando o 1º ano na formación técnica e o 2º ano na práctica dos contidos.

O reto deste equipo é ver o deporte galego no máis alto, apostar polo seu potencial e paixón, enriquecendo e disfrutando en equipo de forma segura os valores e a beleza do alpinismo.

Agradecer a colaboración, un ano mais, de Torre de Núñez que nos acompañará un ano mais como patrocinador nesta aventura.

Tamén agradecer a colaboración de Haglofs e Alpine Wall.

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

Urxencias: 626 975 990

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Cerrado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.