986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

¿Que é a FGM?

A Federación Galega de Montañismo pódese describir facilmente como “unha asociación de clubs” formado por tódolos deportistas montañeiros federados de Galicia. En realidade a definición vén dada polos seus Estatutos e polas Leis que regulan a súa forma xurídica.

A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de

Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. A Federación Galega de Montañismo tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.

Actualmente ten o seu domicilio social e estatutario na Rúa Fotografo Luís Ksado 17 – oficina 10 – c.p. 36209 de Vigo. Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia.

Réxime legal aplicable (relación da lexislación máis importante):

  • Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia.
  • Lei 11/1997 Lei Galega do Deporte e Lei 10/1990 do Deporte a nivel estatal.
  • Real Decreto 228/1994 de Federacións Deportivas Galegas e Real Decreto 1835/1991 de Federacións Deportivas a nivel estatal.
  • Lei Orgánica 1/2002 reguladora do dereito de Asociacións.
  • R.D.L. 1497/2003 de 28 de novembro que desenvolve o Regulamento de Asociacións.
  • A súa contabilidade e fiscalidade está suxeita ás normas xerais e a normas particulares para Federacións Deportivas e Organizacións Non Gubernamentais (ONG).
  • Lexislación – Normativa deportiva galega – Lei 3/2012 do 2 de abril do Deporte de Galicia
  • Estatutos da Federación Galega de Montañismo (2014) – ESTATUTOS DA F.G.M. 2014

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content