Sendeiros

Actualización da Guía de Sendeiros

Unha nova importante é que, froito da colaboración de Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo, dende este mes de setembro procédese á distribución da nova Guía de Sendeiros de Galicia. Momentaneamente pódese descargar da páxina web de Turgalicia, e proximamente será publicada en papel. Nela figuran as rutas antigas que permanecen en boas condicions (é dicir, que teñen o mantemento oportuno), e ás novas que suman arredor duns trinta novos itinerarios de pequeno percorrido.

Esta nova Guía ten información de 4 GR e 57 PR-G repartidos por toda Galicia. Un total de 61 rutas para gozar do sendeirismo en rutas homologadas pola F.G.M.

Recomendamos o enlace coa páxina de Turgalicia e concretamente coa publicación de “Galicia. Sendas para descubrir un país” que foi realizada en colaboración entre Turgalicia e a Federación Galega de Montañismo.

CREACIÓN DE SENDEIROS