ANDAINAS
As andainas ou camiñadas de resistencia son marchas a pé, excursionistas e deportivas, realizadas principalmente por montaña e zonas naturais, aínda que xeralmente próximas a algunha poboación onde está o inicio e o fin do percorrido.
Non prima a velocidade senón a regularidade e resistencia, converténdose nunha competición e reto persoal de superación propia, nas que prevalece o compañeirismo e solidariedade entre participantes, e onde hai uns límites e regulamentos a cumprir. Nas andainas podemos atopar variantes como as marchas de regularidade, de orientación, de resistencia e de ultrarresistencia. Actualmente as nosas andainas de resistencia agrúpanse en 3 distancias máis habituais: 25 km, 50 km e 100 km.
Regulamento Liga Galega de Andainas
PREMIO DA “LIGA GALEGA DE ANDAINAS”
Requisitos:
Estar federado/a na Federación Galega de Montañismo.
Finalizar un mínimo de 11 das 15 probas de 2025 na súa distancia máxima (25km, 50km, 100km).
PREMIO ESPECIAL DE ANDAINAS GALEGAS DE MEDIA DISTANCIA
Requisitos:
Estar federado/a na Federación Galega de Montañismo.
Acadar 7 das 8 probas de 25km do calendario 2025.
CALENDARIO LIGA ANDAINAS 2025

TEMPADA 2025

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo
T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal
HORARIO
Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.
Agosto: Pechado
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.


