AVISO IMPORTANTE
Atendendo ás novas instrucións sanitarias da Xunta de Galicia temos que comunicarvos que os cursos da Escola Galega de Alta Montaña quedan en suspenso ata novo aviso. Saúde.
Nova etapa
Comezamos unha nova tempada de cursos, aínda que con moita prudencia debido ás circunstancias que vivimos. A evolución da situación epidemiolóxica e as restricións establecidas marcarán a axenda e a realización, modificación ou posible cancelación dos cursos, do que iremos informando o máis axilmente que poidamos.
Por suposto, os cursos que se realicen seguirán rigurosamente as medidas preventivas necesarias cara á seguridade de participantes e docentes.
Esperamos que a situación mellore e pronto podamos recobrar a normalidade, xa sexa a antiga ou a nova que aínda está por chegar
Saúdos e saúde para todas e todos!
Katya Sanz Ochoa
Directora da EGAM