Licenza Federativa

Estar federado/a dáche dereito a:

• Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).

• Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).

• Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.

• Gozar aos federados FEDME de descontos de pernota en todos os refuxios españois a partir do 01-01-2026, segun o convenio de reprocidad de refuxios de montaña. Accede a Refuxios FEDME.

• Os federados FEDME estarán tamén incluídos desde 01-01-2026 no Convenio internacional de reciprocidade no uso dos refuxios de montaña.

• Ter dereito todos os federados galegos as promocións de descontos federados.

• Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.

• Comunicacións periódicas.

• Calendario de actividades.

• Participar en actividades divulgativas.

• Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.

• Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME.

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.

Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.

Licenza de Inclusión Social
(B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.

NOVIDADES 2026

  • Incrementos de primas do ano 2026 da FGM/FEDME /ALLIANZ da seguinte forma:
    FGM 0,60 cént. FEDME 1,2 Euros. ALLIANZ 0,60 cént.
  • Incremento das primas recadadas por FEDME 1,20 Euros en todas as modalidades FEDME, destinado ao convenio de refuxios.
  • A FGM este ano non renovou o convenio coa REAJ (Red Española de Albergues Juveniles) polo que os federados galegos non terán descontos como asociados da REAJ.
  • Nova licenza FGM C de ámbito España, Portugal, Pirineo Francés, Andorra,  Marrocos, sen habilitación FEDME.
  • Nova licenza FGM OT (septembro/decembro) de ámbito España, Portugal, Pirineo Francés, Andorra, Marrocos, sen habilitación FEDME.
  • Os Federados FEDME terán descontos en refuxios Españois e estranxeiros.

Franxa de idades dos federados:

  • Infantil: ata 13 anos cumpridos no 2026
  • Xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2026
  • Adultos 1: de 18 aos 25 anos cumpridos no 2026
  • Adultos 2: de 26 anos en adiante

Disciplina  Deportivas según categoría, categoría elexida:

Categorias : A – A (IS) – Au(A)

  • Excursionismo
  • Campamentos
  • Marchas de montaña
  • Sendeirismo
  • Marcha Nórdica
  • Participación nas andainas

Categorias : B – B (IS )– C – D – E – OT – FGM-B – FGM-C – FGM-OT e Seguros de día.

  • Excursionismo
  • Campamentos
  • Marchas de montaña
  • Sendeirismo
  • Marcha Nórdica
  • Escalada
  • Rocódromo
  • Alpinismo,
  • Montaña
  • Alta Montaña
  • Esquí de Montaña
  • Barrancos
  • Carreiras por Montaña
  • Raquetas de Neve
  • Canicross
  • Snow Montaña
  • Splitboard
  • Vías Ferratas
  • Espeleoloxía

Ámbito Territorial, Xerográfico-Territorial a modalidad escollida:

Categorias : A – A (IS) – B – B(IS) – FGM-C – FGM-OT
España
Portugal
Pirineos Francés
Andorra
Marrocos

Categorias : C
As memas que a B + Europa

Categorias : D
Mundial, EXCEPTO Expedicións polares, e Montañas de máis de 7000 m

Categorias : E
Mundial INCLÚE Expedicións polares Montañas de máis de 7000 m

Categorias : FGM-A – FGM-B
Galicia

Seguros de día
Galicia e Portugal

Aspectos a ter en conta para federarse

A licenza ten que tramitarse a través dun club dado de alta na Federación Galega de Montañismo (FGM).

Para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado/a (non pode ser o enderezo electrónico nin o teléfono do club), para despois poder descargar a licenza a través da aplicación Paso a Paso da FEDME. En caso de menores, será o teléfono e enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a.

No caso de ter dereito a bonificación do 50 % do importe do seguro de accidentes, debe indicarse o NIF e o enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a que estea federado/a na FGM.

Licenza FEDME

Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.

A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App FEDME, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.

SEGURO CON ALTA COVERTURA

Póliza AON ALLIANZ

✓ Allianz Global Assistance dará cobertura no Estranxeiro para todas as persoas federadas que teñan un accidente.

✓ Servizo 24 horas ao día 365 días ao ano.

✓ Compañía especializada en asistencia en viaxe internacional, líder mundial en Seguros de Viaxe, e Servizos de Asistencia Persoal.

✓ Máis de 13.000 empregados/as cualificados/as que falan 58 idiomas diferentes e son responsables de centros de operacións nos 5 continentes.

✓Prestación directa sen necesidade de adiantos ou reembolsos posteriores

 

Plataforma de Atención as persoas Federadas

Aon pon ao dispor da federación a súa Plataforma de Atención as persoas Federadas para axudar en:

➢ Tramitación e enchemento dos partes de Accidentes.

➢ Información acerca da evolución do seu expediente.

➢ Información das autorizacións de:

➢ Probas Diagnosticas (Resonancias Magnéticas, etc..)

➢ Preoperatorios

➢ Intervencións Cirúrxicas

Segunda opinión médica

Aon conta co servizo de 2ª Opinión Médica para aqueles expedientes que a compañía exclúe por diferentes motivos; Lesións Preexistentes, Crónicas, etc.

O Servizo Médico tras revisar o expediente elabora un informe que enviamos á compañía para rebater a exclusión no caso que entenda que se debería ter cobertura.

Para a Federación/Club e Federado/a deste servizo xéralles a confianza de saber que teñen a súa disposición un/ha médico/a gratuíto/a para que lles garanta a súa asistencia.

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

 

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Pechado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade