ESCALADA
¿Qué é a escalada?
A escalada é unha actividade físico/deportiva que, consiste en subir ou percorrer paredes de rocha, ladeiras escarpadas ou outros relevos naturais caracterizados pola súa verticalidade, empregando medios de aseguramento.
O nacemento da escalada xorde como unha actividade derivada do montañismo, debido á inquietude dos alpinistas por alcanzar algunhas cimas e ter algunha forma de mellorar e prepararse para futuras ascensións.
Na actualidade existen varias modalidades de escalada. Débese ter en conta que a escalada se pode practicar en xeo e en rocha, sendo esta última a que máis variedade ofrece.
A escalada pódese desenvolver no medio natural ou no interior con estruturas artificiais como son os rocódromos.
Os 3 tipos de escalada en roca mais característicos son a Escalada deportiva, o Boulder e a Escalada clásica. Dentro da escalada deportiva temos a modalidade de competición na que existen as especialidades indoor de dificultade, bloque e velocidade.
REGULACIÓNS:
A práctica da escalada e doutras actividades de montaña están reguladas nos espazos protexidos pola Rede Natura 2000. Deste xeito é necesario solicitar autorización á Consellería de Medio Ambiente para poder acceder á práctica da escalada nestas contornas.
Este permiso pode solicitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia accedendo cun certificado dixital ou a través do sistema Chave 365.
Máis información
Regulamento Escalada
TEMPADA 2025
CALENDARIO PROVISIONAL 2025


FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo
T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal
HORARIO
Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.
Agosto: Pechado
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.


