TRANSPARENCIA

A Federación Galega de Montañismo pódese describir facilmente como “unha asociación de clubs” formado por tódolos deportistas montañeiros federados de Galicia. En realidade a definición vén dada polos seus Estatutos e polas Leis que regulan a súa forma xurídica.

A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. A Federación Galega de Montañismo tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.

Actualmente ten o seu domicilio social e estatutario na Rúa Fotografo Luís Ksado 17 – oficina 10 – c.p. 36209 de Vigo. Está rexistrada como entidade deportiva no Rexistro Oficial da Xunta de Galicia.

SUNVENCIÓNS:

CONDICIÓNS POLIZA SEGURO DE RC DE CLUBS 2025:

CONDICIÓNS POLIZA SEGURO DE RC ACTIVIDADE FGM 2025:

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

 

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Pechado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade