CARREIRAS POR MONTAÑA
As Carreiras por Montaña e unha especialidade deportiva que se manifesta a través de carreiras por baixa, media e alta montaña, xa sexa estival ou invernal, realizándose o itinerario a pé, e no menor tempo posible.
CARREIRAS EN LINEA
– Distancia mínima Medio Maratón (21 km).
– Para carreiras de ata 34 km – Desnivel mínimo acumulado en suba entre 1000 e 1200 metros en función do regulamento anual.
– Para carreiras de máis de 34 km – Desnivel mínimo acumulado en suba a partires de 1500 metros, en función do regulamento anual
CARREIRA VERTICAL
– As competicións de Carreiras Verticais constarán dunha subida, permitíndose un máximo do 5% de baixadas propias das características do terreo e non provocadas.
– O desnivel mínimo en subida será dende 600 m en función do regulamento anual. A distancia máxima será de 8 km. Quilómetro Vertical de 1.000 metros de desnivel positivo. A distancia máxima será de 5 km (+/- 5% tolerancia) que se desenvolva sobre terreo irregular de grande pendente. Distancias e desniveis en función do aprobado en regulamento anual.
ULTRA CARREIRA
– Distancia mínima de 80 km. de percorrido e un desnivel positivo acumulado mínimo dende 3.500 m. en función do regulamento anual.
As competicións de Carreiras por Montaña teñen como obxectivo:
– Reunir en competición os mellores corredores de montaña e os equipos dos Clubs de Montaña.
Regulamento de Competición de Carreiras por Montaña
Criterios para a selección de deportistas de Carreiras x Montaña
COPA DE ESPAÑA EN LIÑA
– De participar 1 corredor/a na Copa de España en liña, será seleccionado o gañador e a gañadora do Campionato galego Individual.
– De participar 2 corredores/as na Copa de España en liña, serán seleccionados o gañador e a gañadora e o segundo clasificado e segunda clasificada.
– De non poder acudir algún destes deportistas, as prazas serán cubertas por criterio técnico.
Este criterio basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña, tanto da Federación Galega de Montañismo (FGM) como da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e outras probas.
CAMPIONATO DE ESPAÑA EN LIÑA INDIVIDUAL E POR SELECCIÓNS
– De participar 4 deportistas no campionato:
• Os 2 primeiros clasificados e as 2 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• Os 2 primeiros clasificados e as 2 primeiras clasificadas da Copa Galega.
– De participar 5 deportistas no campionato:
• Serán os anteriores máis 1 corredor e 1 corredora a criterio técnico (basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña tanto da FGM como da FEDME).
– De participar 6 deportistas no campionato:
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• Os 2 primeiros clasificados e as 2 primeiras clasificadas da Copa Galega.
• 1 corredor e 1 corredora a criterio técnico (basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña tanto da FGM como da FEDME).
– De participar 7 deportistas no campionato:
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas da Copa Galega.
• 1 corredor e 1 corredora a criterio técnico (basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña tanto da FGM como da FEDME).
– De participar 8 deportistas no campionato:
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas da Copa Galega.
• 2 corredores e 2 corredoras a criterio técnico (basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña tanto da FGM como da FEDME).
* De non poder acudir algún dos deportistas que obtivesen a praza directa por resultado na Copa ou Campionato Galego, será cuberta esa praza por criterio técnico [este criterio basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña, tanto da Federación Galega de Montañismo (FGM) como da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) ou outras probas do mesmo nivel].
* Todo corredor/a debe comprometerse a estar nun bo estado de forma física para acudir coa selección galega de carreiras por montaña. De non ser o caso, a FGM pode absterse de seleccionalo/a.
CAMPIONATO DE ESPAÑA VERTICAL INDIVIDUAL E POR SELECCIÓNS
– De participar 4 deportistas no campionato:
• Os 2 primeiros clasificados e as 2 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• 2 corredores e corredoras escollidos a criterio técnico
– De participar 5 deportistas no campionato:
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• 2 corredores e corredoras escollidos a criterio técnico
– De participar 6 deportistas no campionato:
• Os 3 primeiros clasificados e as 3 primeiras clasificadas do Campionato Galego Individual.
• 3 corredores e corredoras escollidos a criterio técnico
* De non poder acudir algún dos deportistas que obtivesen a praza por resultado no Campionato Galego, será cuberta esa praza por criterio técnico [este criterio basearase nos resultados en probas oficiais de Carreiras por Montaña, tanto da Federación Galega de Montañismo (FGM) como da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) ou outras probas da mesma características e nivel].
* Todo corredor/a debe comprometerse a estar nun bo estado de forma física para acudir coa selección galega de carreiras por montaña. De non ser o caso, a FGM pode absterse de seleccionalo/a.
CAMPIONATO DE ESPAÑA ULTRA

CALENDARIO PROVAS 2025

TEMPADA 2025

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo
T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal
HORARIO
Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.
Agosto: Pechado
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.