986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CREACIÓN DE SENDEIROS

PROPIEDADE DAS MARCAS GR®, PR® y SL®

As marcas de GR®, PR® y SL® están rexistradas pola Oficina Española de Patentes y Marcas del  Ministerio de Ciencia y Tecnología, incluídas na clase 41 “Servicios de esparcimiento, en particular a  sinalización de rutas, camiños E sendeiros, con carácter recreativo e deportivo” a favor da “Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada” – FEDME -, constando tal rexistro no Boletín Oficial da Propiedade Industrial. A xestión de ditas marcas está cedida ás federacións autonómicas para o ámbito do seu territorio; en consecuencia, ditas marcas e cores, son de uso exclusivo en itinerarios e sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo.

PASOS A SEGUIR PARA A CREACIÓN DUN SENDEIRO HOMOLOGADO

O/A promotor/a do sendeiro será unha entidade xurídica (mancomunidades de concellos ou comarcas, concellos, asociacións, clubs, empresas, etc.). O sendeiro se xustificará polo seu interese (xeográfico, histórico, artístico, natural, etc.) e os obxectivos que se pretenden conseguir deberán ser para desenvolvemento económico, cultural, turístico da zona.

O promotor, a través dun Técnico de Sendeiros de Galicia con titulación FEDME/EEAM (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada – Escuela Española de Alta Montaña) solicitará por escrito o inicio da tramitación para a Homologación do Sendeiro na Federación Galega de Montañismo (FGM), todo iso en virtude do Art. 6 da Normativa de Homologación de Sendeiros de Galicia “Procedemento de Homologación”.

DOCUMENTOS DE HOMOLOGACIÓN DE SENDEIROS EN VIGOR

Listaxe de normativas relativas ao proceso de  homologación de sendeiros en Galicia  


TÉCNICOS/AS DE SENDEIROS DE GALICIA

Segundo recolle o artigo 18da “Normativa de Homologación de Sendeiros en Galicia 2018” a listaxe de Técnicos/as de Sendeiros ten que publicarse citando os datos persoais autorizados polos/as mesmos/as.

CONDICIÓNS DE ESPECIAL RELEVANCIA SOBRE ENLACES DENDE E CARA ESTE SITIO WEB

A FGM non se fai responsable do contido doutros sitios e páxinas web alleas, aos que os enlaces que contén este sitio web puidesen conducir ao usuario.

A FGM non exerce ningún tipo de control sobre devanditos sitios web e xa que logo non se fai responsable dos danos producidos por contidos ilícitos, pola súa calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable á FGM.

O enlace a este sitio dende outras páxinas web tampouco implica que a FGM subscriba ou aprobe os seus contidos nin supón relación corporativa ou comercial algunha.

A existencia de enlaces non debe presupor tampouco a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da FGM coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content