986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Os Sendeiros

Vanse a cumprir agora corenta e seis anos dende que a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada tomou a iniciativa de desenrolar unha nova modalidade deportiva no seu seno, o sendeirismo, seguindo o camiño iniciado polas federacións e asociacións de montaña de Europa.

 

O sendeirismo podería definirse como unha actividade deportiva que se desenvolve a pe por percorridos preferentemente pola rede viaria tradicional e contornas naturais, seguindo sendeiros balizados e/ou homologados promovendo a recuperación e a conservación das antigas vías de comunicación.

 

En Galicia, na Federación Galega de Montañismo, as primeiras novas de esta actividade se remontan a mediados do ano 1989 con motivo dunha carta remitida polo Vogal de Sendeiros da Sociedade de Montaña Ártabros á Vogal de Sendeiros da F.G.M. solicitando canta información tiveran sobre este tema.

Hoxe é unha realidade que se pode constatar polo incremento de quilómetros de sendeiros homologados, a evolución e o crecemento de licenzas federativas de practicantes de esta modalidade deportiva.

O territorio de Galicia, está cheo de recursos de todo tipo – culturais, naturais, arquitectónicos, etnográficos, etc. – e en cantidade suficiente para a creación dunha rede de sendeiros de tal variedade que é difícil atopar similitudes entre eles, cada sendeiro é singular e diferente polo que a práctica desta actividade resulta sempre entretida e gratificante.

Existen tres tipos de sendeiros homologados pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada FEDME : os GR, os PR e os SL.

Os GR son longos traxectos que se fan por etapas, pódense desenrolar dentro dunha mesma comarca ou cruzar España. Os chamados PR son percorridos dunha xornada que permiten acceder a puntos concretos do territorio, poden ser sinxelos ou máis físicos. Os SL son cortos paseos cunha dificultade mínima, aptos para realizalos nun breve espazo de tempo con nenos, anciáns ou persoas con dificultades. Calquera das tres modalidades existentes poder ter un desenrolo circular ou lineal.

Pola nosa parte, a primeira inquedanza é promover a creación de novos itinerarios e insistir ante os promotores no mantemento dos xa homologados para telos sempre a disposición dos usuarios.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content