986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

¿Que é a FGM?

A Federación Galega de Montañismo (FGM), en consonancia coa Lei 3/2012 do deporte de Galicia, é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, cuxo ámbito de actuación se estende ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Como acontece no resto de federacións deportivas galegas, nesta entidade intégranse os clubs, as seccións deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados estatutariamente establecidos, co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento dos deportes de montaña. 

Federación Galega de Montañismo tamén está integrada dentro da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e ostenta de maneira exclusiva a representación desta dentro de Galicia no referente ao deporte que constitúe o seu obxecto social, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu presuposto e o seu réxime xurídico particular.

Ás federacións deportivas galegas forman parte do tecido asociativo xunto aos clubs deportivos, agrupacións escolares e seccións deportivas, cuxa función esencial é a práctica deportiva, para o que aplicarán os seus recursos ao fomento das manifestacións de carácter físico deportivo e á organización de actividades ou competicións deportivas. Pero, no caso dos Campionatos de Galicia, esa función organizativa corresponde ás federacións deportivas galegas, compatible con poder chegar a acordos co resto de entidades deportivas. 

Réxime legal aplicable (relación da lexislación máis importante) :

  • Estatutos da Federación Galega de Montañismo, aprobados pola Xunta de Galicia en 2023
  • Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia
  • Lei 39/2022 do 30 de decembro do deporte de España
  • Decreto 63/2018, do 31 de maio, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia.
  • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia
  • Decreto 120/2013, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Comité Galego de Xustiza Deportiva
    DECRETO 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia.
  • ORDE do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento
    DECRETO 52/2022, do 28 de abril, polo que se crea e regula o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
    CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 54/2022, do 28 de abril, polo que se crea e regula o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia (publicado por erro como Decreto 52/2022).

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content