986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Normativa Galega

NORMATIVA GALEGA EN VIGOR – 2023

O “Manual de Senderos FEDME 2021” recolle a posibilidade de que cada federación territorial elabore unhas normas particulares para a súa comunidade.

En Galicia o primeiro manual foi redactado no ano 2004 co resultado do “Manual de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo”. Posteriormente redactouse no ano 2008 a primeira “Normativa de Homologación de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo”.

Estes documentos sufriron sucesivas e profundas modificacións, produto das experiencias  aportadas polo colectivo de Técnicos/as de Sendeiros adscritos á Federación Galega de Montañismo.

Ambos documentos – Manual e Normativa – buscan acadar un elevado nivel de calidade nos elementos que compoñen o itinerario, e a sinalización dun sendeiro homologado a fin de satisfacer as demandase e satisfaccións das persoas usuarias dos mesmos.

Descarga:

MANUAL DE SENDEIROS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO” (2023) 

Contidos do Manual de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo – 2023

  • Tipos de Sendeiros homologados en Galicia: GR®, PR® y SL®
  • Descrición dos tipos de sinais GR®, PR® y SL®
  • Criterios, soportes e frecuencia dos sinais. Puntos de colocación obrigatoria.
  • Divulgación dun sendeiro mediante folletos.
  • Anexos: Tamaño dos sinais, uso das sinais nas coincidencias de sendeiros e formato de folletos de sendeiros homologados.

Descarga:

NORMATIVA DE HOMOLOGACIÓN DE SENDEIROS DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO” (2023)

Contidos da Normativa de Homologación de Sendeiros da Federación Galega de Montañismo – 2023

  • Homologación de sendeiros e Estudos de Definición de Sendeiros (EDS).
  • Inspección Técnica de Sendeiros (ITS)
  • Técnicos/as de Sendeiros de Galicia
  • Sendeiros sinalizados con marcas rexistradas e incumprimento da normativa.
  • Deshomologacións.

BIBLIOTECA DE MODELOS NORMALIZADOS PARA OS TÉCNICOS


NORMATIVAS DE SENDEIROS ANTERIORES A 2023

PROPIEDADE DAS MARCAS GR®, PR® y SL®

As marcas de GR®, PR® y SL® están rexistradas pola Oficina Española De Marcas y Patentes del  Ministerio de Ciencia y Tecnología, incluídas na clase 41 “Servicios de esparcimiento, en particular la señalización de rutas, caminos y senderos, con carácter recreativo y deportivo” a favor da “Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada” – FEDME -, constando tal rexistro no Boletin Oficial de la Propiedad Industrial. A xestión de ditas marcas está cedida ás federacións autonómicas para o ámbito do seu territorio; en consecuencia, ditas marcas e cores, son de uso exclusivo en itinerarios e sendeiros homologados pola Federación Galega de Montañismo

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content