Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

Licenza Federativa

Journeys

Estar federado dache dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos:  https://fedgalmon.gal/refuxios/ 
  • Comunicacións periódicas
  • Calendario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.

Novidades 2023

Este ano haberá varias novidades referente ás licenzas federativas:

  1. Por primeira vez na FGM haberá unha licenza de Inclusión Social

    (B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.

  1. Haberá licenza infantil na modalidade OT.

  1. Plan XOGADE.

    Estase xestionando a posibilidade de que todos os rapaces/zas de 6 a 16 anos que estean en escolas deportivas teñan un seguro deportivo gratuíto do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Dito seguro servirá para realizar adestramentos nunha instalación deportiva cun técnico/a e para asistir a competicións que estean no calendario federativo. Cando a tramitación desta licenza estea operativa, informarase a todos os clubs e enviarase toda a información referente a mesma.

  1. Mellores propostas de Asistencia no Estranxeiro coa póliza AON_ALLIANZ contratada:

✓ Allianz Global Assistance dará cobertura no Estranxeiro para todos os federados que teñan un accidente.

✓ Servizo 24 horas ao día 365 días ao ano.

✓ Compañía especializada en asistencia en viaxe internacional, líder mundial en Seguros de Viaxe, e Servizos de Asistencia Persoal.

✓ Máis de 13.000 empregados cualificados que falan 58 idiomas diferentes e son responsables de centros de operacións nos 5 continentes.

✓Prestación directa sen necesidade de adiantos ou reembolsos posteriores

  1. Segunda opinión médica.

    Aon conta co servizo de 2ª Opinión Médica para aqueles expedientes que a compañía exclúe por diferentes motivos; Lesións Preexistentes, Crónicas, etc.

▪ O Servizo Médico tras revisar o expediente elabora un informe que enviamos á compañía para rebater a exclusión no caso que entenda que se debería ter cobertura.

▪ Para a Federación/Club e Federado deste servizo xéralles a confianza de saber que teñen a súa disposición un médico gratuíto para que lles garanta a súa asistencia.

  1. Plataforma de Atención ao Federado.

    Aon pon ao dispor da federación a súa Plataforma de Atención ao Federado para axudar en:

➢ Tramitación e enchemento dos partes de Accidentes.

➢ Información acerca da evolución do seu expediente.

➢ Información das autorizacións de:

➢ Probas Diagnosticas (Resonancias Magnéticas, etc..)

➢ Preoperatorios

➢ Intervencións Quirúrxicas

Aspectos a ter en conta para federarse

  • A licenza ten que tramitarse a través dun club dado de alta na Federación Galega de Montañismo (FGM).
  • Para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado (non pode ser o enderezo electrónico nin o teléfono do club), para despois poder descargar a licenza a través da aplicación Paso a Paso da FEDME. En caso de menores, será o teléfono e enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a.
  • No caso de ter dereito a bonificación do 50 % do importe do seguro de accidentes, debe indicarse o NIF e o enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a que estea federado na FGM.

Licenza en soporte PVC da licenza FEDME ou AUTONÓMICA

En canto a licencia FEDME: 

  • Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
  • É por iso que este ano, a FEDME non vai producir as tarxetas de plástico dando un paso adiante na adaptación ás novas tecnoloxías, á vez que actuando máis coherentemente coa redución do impacto ambiental e obtendo un aforro importante de custos que supoñían as tarxetas de PVC.
  • Tamén poderá obterse e tela actualizada mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o usuario deberá rexistrarse. Como usuario rexistrado, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Carreiros, Tenda, Club FEDME, suxerencias, etcétera).
  • A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
  • Na pasada asemblea tomouse o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sostibilidade medio ambiental.
  • Os clubs terán a posibilidade de solicitar en plástico como máximo o 10 % do número de licenzas, tendo en conta a totalidade das licenzas tramitadas no ano 2022.

Exemplo: se un club tramitou no ano 2022, 153 licenzas; lle correspondería como máximo 15 licenzas en PVCde forma gratuíta.

  • A partir desta porcentaxe, as persoas que desexen ter a licenza federativa en formato plástico, deberán pagar 3 euros. A decisión das persoas que levarán expedidas as licenzas en PVC serán do club. Os clubs enviarán unha listaxe cos datos do 10 % antedito, para que a FGM imprima en formato PVC estas licenzas de forma gratuíta.
  • Así mesmo informámosvos que, no seu momento, a Asemblea da FEDME decidiu premiar o esforzo que realizan os clubs de montaña eximindo da cota anual de 100 € a todos aqueles clubs que tivesen como mínimo 5 tarxetas federativas FEDME durante o ano. O ano no que o Club se dá de alta non se require o pago da cota anual.

En canto a licencia autonómica:

  • Polo de agora e ata que se poida descargar a licenza autonómica a través da aplicación Paso a Paso, seguiranse imprimindo as licenzas en formato PVC. En canto sexa posible a descarga da licenza autonómica nesta aplicación, comunicaráselle a todos os clubs este feito, e deixarase de imprimir as licenzas en formati PVC, a non ser que se solicite e se realice o pago de 3 euros por licenza federativa.
  • Atendendo ao Regulamento de licenzas aprobado pola FGM no ano 2021, vixente hoxe en día (excepto as cotas de licenzas que figuran no anexo deste regulamento), ningún club galego, a día de hoxe, será eliminado da base de datos desta FGM por non ter un mínimo de federados, porque este aspecto non está contemplado neste regulamento. 

Regulamento

APLICACIÓN GERAPLI 

Ao longo deste ano, as licenzas pasarán a tramitarse a través do programa GERAPLI. Dende esta aplicación, (actualmente en fase de proba), poderase introducir e xestionar as licenzas FEDME e as licenzas autonómicas, actualizando directamente a base de datos de FEDME sen facer falta o envío de ficheiros csv para a emisión de licenzas.

Para entón a FGM realizará unha pequena formación específica para o persoal federativo e para as persoas que tramitan as licenzas nos clubs galegos, coa finalidade de realizar unha transformación dixital de forma coherente e sen complicacións, grazas a colaboración da Vogalía de Comunicación e Transformación Dixital.

Esta aplicación facilitará a redución do impacto ambiental e tamén de gastos á FGM, pois deixará de utilizar unha plataforma Play Off de tramitación de licenzas, a cal supoñía un custe mensual de 424,36 € (5.092,32 € anuais).

Por outra banda ademais de reducir utilización de PVC, reducimos uns custes aproximados de tarxetas e impresión de 15.000 €.

Prezo das Licenzas Federativas Ano 2023 

Só serán vinculantes as pólizas e condicións particulares asinadas, rexistradas, vixentes e en poder da compañía de seguros e da Federación Galega de Montañismo. Para máis datos deben dirixirse ao seu clube de montaña federado.

En caso de viaxes ao estranxeiro é conveniente consultar a información do Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación, para coñecer que trámites deben realizarse previamente para entrar ou saír do país en cuestión (visados, vacinas, validez de documentos, etc.).

 

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content