986 20 87 58
¡Chámanos!
secretaria@fedgalmon.gal
¡Escríbenos!
VIGO
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209
¡Chámanos!
¡Escríbenos!
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209
A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. Coma federación deportiva galega é unha entidade privada sen ánimo de lucro que, xunto coas funcións que lle son propias, exerce por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia).
Dende mar.2015 os membros electos da Asemblea Xeral non perciben retribucións por cuestión do seu cargo).
Persoal asalariado da Federación:
A Federación ten persoal asalariado: 1 persoa para secretaría e 1 persoa para a dirección técnica deportiva. Tódalas retribucións son recollidas dentro das Contas Anuais da FGM.