986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Equipamiento

A nova vogalía de Mantemento de Zonas de Escalada, nace coa intención de desenrolar un novo proxecto acorde aos tempos que veñen no que se refire ao mantemento dos espazos onde realizamos a nosa querida actividade dentro dos espazos naturais. Os obxetivos básicos deste proxecto son, por un lado garantir de lexitimidade legal tanto a práctica da escalada como as novas aperturas ou reequipamentos nas zonas de escalada situadas no medio natural, e por outro lado manter uns parámetros de seguridade axeitados nas zonas de escalada, mediante verificacións de resistencia e reequipamentos nos casos que se precise, no que se refire á instalación de ancoraxes permanentes, primando o consenso entre @s escalador@s e equipador@s locais. Para que este proxecto sexa viable, tanto económica como éticamente, é imprescindible a colaboración dos distintos axentes implicados: Federación Galega de montañismo, equipador@res, escalador@s clubes de montaña, outras asociacións, Xunta de Galicia, Diputacións, Concellos, compañías de seguros… Tamén pretende poñer en valor todo o enorme traballo feito ata o momento por aperturistas e reequipadores de forma altruista, intentando liberar da responsabilidade xuridica que poda estar derivada dun accidente nalgunha das vías nas que se podería haber traballado. Por outra banda resulta fundamental “sensibilizar á comunidade escaladora cara a importancia da práctica da escalada sustentable”. Para conseguilo, intentaremos traballar en estreita colaboración coas diferentes administracións na protección de especies e do medio natural, a través de iniciativas como o estudo de especies protexidas en tódalas áreas de escalada da comunidade, En coordinación entre a FGM, a delegación en Galicia de Escalada Sostenible e os correspondentes servicios de protección da natureza. Estes estudos permitirán materializar unha regulación medio ambiental da escalada, no que o colectivo escalador necesariamente ten que ser partícipe do proceso regulador. Co fin de garantizar unha estabilidade futura na xestión de permisos con propietaros e conservación da natureza así como o seguimento da calidade das ancoraxes e futuros reequipamentos das diferentes áreas de escalada de todo o territorio galego, se requiren convenios de colaboración coa administración de forma global con todas as áreas de escalada posible, para poder actuar en cada sitio según as necesidades, Un dos campos a traballar neste sentido é intentar engadir progresivamente as áreas de escalada no Censo de Instalacións Deportivas Non Convencionais da Dirección Xeral de Deportes. En definitiva, os deportistas poderán disfrutar con altos niveles de seguridade no que a ubicación e calidade de ancoraxes se refire, sen esquecer que practican unha actividade deportiva de risco, ademáis de aportar seguridade xurídica ós equipadores/requipadores ante propietarios e administración. Por todo o dito expresamos o noso desexo poder definir e levar a cabo este ambicioso proxecto a través da creación dun equipo de traballo axeitado multidisciplinar para poder definir os obxetivos propostos, e invitamos a todo aquel que crea no proxecto a ser partícipe do mesmo.

Últimas Novas Equipamento

Últimas Novas      

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content