A Vocalía de Escalada da Federación Galega de Montañismo (FGM) abre o prazo de presentación de solicitudes para que os clubs federados poidan optar á organización das probas da Liga de Escalada de Promoción 2027.
Prazo de presentación de solicitudes
- Apertura: 9 de novembro de 2026.
- Peche: 15 de novembro de 2026.
Requisitos
Os clubs interesados deberán presentar o Anexo I debidamente cuberto, dentro do prazo establecido. Envío das solicitudes As solicitudes deberán remitirse, dentro do prazo establecido, aos seguintes enderezos de correo electrónico:
Categorías
A convocatoria abrangue as categorías comprendidas entre U-9 e U-17, así como a modalidade de Paraescalada.
Apoio da FGM ás entidades organizadoras
A Federación Galega de Montañismo porá a disposición dos clubs organizadores os seguintes recursos:
- Sistema de inscrición e xestión do pagamento das inscricións.
- Difusión da proba a través das redes sociais da FGM.
- Equipador/a delegado/a.
- Presidente/a do equipo arbitral
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.