Curso de Iniciación a Escalada en Rocha Norte | Baleira | 30 e 31 maio 2026

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao curso de Iniciación á Escalada en Rocha Norte, que equivale a un nivel 1 de Escalas (E1) da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: 30 e 31 de maio, de 09:00 a 18:00 h.​

LUGAR:  Zona de escalada do Baleira (O Cádavo). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso e ter capacidades físico/técnicas axeitadas para a actividade a desenrolar.

OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha dotándoo de coñecementos que lle garantan a seguridade no desenvolvemento da súa actividade.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Coñecementos do material básico de escalada en rocha / Nós / Técnicas de descolgue / Cadea dinámica de seguridade e desenvolvemento dunha ascensión / Aseguramento de primeiro de corda, en ioio, e aseguramento dinámico / Medio ambiente / Elección de itinerarios (información e dificultades) / Material técnico de seguridade / Aseguramento.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as; o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO: 130€ Federados; 144€ Non Federados

LICENZA FEDERATIVA: O curso está aberto para persoas federadas (mínimo a licenza “tipo B”), e non federadas.

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade