Neste ano, o do despegue definitivo da Marcha Nórdica de competición en Galicia, 4 son os marchadores que chegan con opción de medalla nas súas categorías.

Por parte do Club Marcha Nórdica Coruña José Siso 3 en VET B e Alberto Fidalgo 4 en Senior. Por parte do CdM Xesteiras os marinenses Ana Da Silva en VET A e José Fco Gil Moreira ” Chico” 4 en VET D.

Disputouse en Ceuta a última proba da Copa de España de Marcha Nórdica. Para
esta proba, a mais dura de todas as disputadas en España, desprazáronse dende
Galicia dous marchadores do Club Marcha Nórdica Coruña e cinco do CdM
Xesteiras.

Destacar o 1º posto na categoría Veteranos B de Jose Manuel Iglesias
Siso e o 2º posto de Jose Francisco Gil Moreira “ Chico” en Veteranos D, ambos
foron tamén medallistas na clasificación final da Copa ( Siso 2 e Chico 3).

Siso tivo que loitar ata o último metro entando no mesmo segundo e sendo a
foto finish a que decidiu o gañador. Chico tivo que enfrentarse a unha proba
moi dura para a súa categoría na que foi de menos a mais medindo o esforzó para
entrar finalmente no segundo posto. Nun circuito duro e técnico na Serra que
rodea Ceuta, non que non había nin un metro para recuperar destacar tamén os
resultados dos demáis marchadores ( Cesar 4, Alberto e Lois 5, Ana 7 e Jose 10)

Con esta proba ponse o colofón a un gran traballo realizado por parte dos
marchadores galegos nas probas nacionais. Parabéns a todos os deportistas
galegos desta disciplina.

Xunta de Galicia

Deporte Galego

Fedme – Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada

Club Marcha Nórdica A Coruña

Xesteiras CLUB De Montaña

#marchanordicafgm

https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/6027-chico-gil-moreira-regresa-de-ceuta-con-medalla-de-bronce-tras-disputar-la-ultima-prueba-del-ano-de-marcha-nordica?fbclid=IwAR2XRRSpKA-C4gR8tQ1PxB240cDd_DItJ0n8LvhtepFuVIJl8tTwlIoWJEU#google_vignette