ACTIVIDADES
I Campionato Xunta de Galicia de Escalada de Velocidade, que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Riazor, A Coruña o 18 de novembro de 2023, nas categorías infantil, cadete, sub-18, absoluta e máster 40
Especialidade de Escalada: Velocidade. O I Campionato Xunta de Galicia de Escalada de Velocidade celebrarase no rocódromo do Pavillón Municipal de Riazor, A Coruña, nunha única xornada o sábado día 18 de novembro de 2023. Ubicación do pavillón:...
I Campionato Xunta de Galicia de Escalada de Dificultade, que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Riazor, A Coruña o 25 de novembro de 2023
Especialidade de Escalada: Dificultade O I Campionato Xunta de Galicia de Escalada de Dificultade celebrarase no rocódromo do Pavillón Municipal de Riazor, A Coruña, nunha única xornada o sábado día 25 de novembro de 2023. Ubicación do pavillón:...
Marcos Naya e Alina Cimpeán gañan o VI Trail Vila de Padrón Desafío Vértice
O sábado 2 de setembro disputouse en Padrón a VI Proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña, VI Trail Vila de Padrón Desafío Vértice, organizado polo club Vértice, en colaboración co concello de Padrón. Na carreira absoluta, cun percorrido de 22 km (+1530...
Páxina WEB da FGM en construción
Durante estes días seguimos traballando na páxina WEB da FGM co obxecto de actualizala e proporcionar un mellor servizo informativo a todas as persoas que nos visitan. Agradecemos a súa paciencia á vez que pedimos desculpas polas molestias ocasionadas.
ACCEDE O PROCESO ELECTORAL
Na web xa tendes a Convocatoria para as Eleccións 2022. Comentarvos que conforme á normativa de referencia publicarase na páxina web da federación con accesos restrinxido aos federados/as mediante identificación co número de DNI, na solapa “Federación” no apartado de...
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS Á FGM
As Olas do Río Mao, candidato a Mellor Sendeiro Homologado de España
A Federación Galega de Montañismo anima os seus federados a apoiar a candidatura galega nos Premios FEDME 2026. O sendeirismo galego está de noraboa. O PR-G 268 As Olas do Río Mao, en Ourense, é un dos tres finalistas que optan ao galardón Mellor Sendeiro Homologado...
Cancelada a segunda proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica en Culleredo
A segunda proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica, prevista en Culleredo, no Paseo de O Burgo, queda cancelada debido ás obras que se están a executar no circuíto. A previsión é que os traballos non estean rematados a tempo para garantir o correcto...
Desfruta do eclipse dende a montaña, coa cabeza e co corazón
O 12 de agosto, Galicia converterase nun escenario privilexiado para desfrutar dunha eclipse solar total. Para quen queira vivir este fenómeno dende a montaña, existen numerosos puntos elevados que poden ofrecer unha experiencia espectacular, sempre que conten cun...
A Marcha Galega de Veteráns 2026 percorrerá a Ruta do Castro de Doade e río Asneiro en Lalín
Desde a Federación Galega de Montañismo anunciamos a celebración da Marcha Galega de Veteranos FGM 2026, que terá lugar o vindeiro domingo 20 de setembro no concello de Lalín, en Pontevedra. Organizan esta actividade a Sociedade de Montaña Ártabros e a Vogalía de...
Este agosto, a montaña agárdate!
A FGM axúdache a estar preparado/a Coa chegada do mes de agosto, moitas persoas federadas aproveitan as vacacións para dedicar máis tempo ao que realmente lles apaixoa: percorrer sendeiros, descubrir novas montañas, escalar, realizar travesías ou, simplemente,...
A FGM incorpora novas melloras na súa aplicación móbil
A Federación Galega de Montañismo continúa traballando na mellora dos servizos dixitais que ofrece ás persoas federadas. Como resultado das suxestións e necesidades trasladadas polos propios usuarios, xa está dispoñible unha nova actualización da App FGM, que...
Galicia fronte ao lume: o noso apoio, compromiso e repulsa
En Galicia coñecemos ben as consecuencias devastadoras dos incendios forestais. O monte forma parte da nosa identidade, do noso patrimonio natural e da nosa forma de vivir, e cada incendio supón unha perda irreparable para as persoas, a biodiversidade e o...
A FEDME abre a convocatoria para acoller eventos do Calendario Oficial de Marcha Nórdica de 2027
As federacións territoriais, os clubs e as entidades interesadas en coorganizar campionatos, Copas de España ou probas puntuables poden presentar as súas candidaturas ata o 3 de outubro de 2026 a través do formulario oficial. A Federación Española de Deportes de...
Curso de Asegurador/a de Competición de Escalada Deportiva | Zona Norte y Sur | 13 de setembro e 4 de outubro
A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de formación e titulación para todos os/as federados/as galegos que estean interesados/as na labor de aseguramento nas competicións de...
Curso de Xestión de Caídas e Medos en Escalada Deportiva | Rocódromo de Riazor – A Coruña | 7 e 12 de setembro 2026
A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de Xestión de Caídas e Medos en Escalada Deportiva (N.2.), e non ten equivalencia coa formación da Escuela Española de Alta Montaña da...
Dous deportistas galegos de Escalada de Velocidade da FGM obteñen as bolsas do CSD para deportistas de alto nivel
O Consejo Superior de Deportes (CSD), a través do programa estatal de apoio ao deporte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, fixo pública a resolución das bolsas destinadas a deportistas de alto nivel. Nesta convocatoria, os deportes de montaña...
COMUNICADO OFICIAL: Actualización e novos horizontes para a Marcha de Bivaque 2026
Vigo, 9 de xullo de 2026. A Federación Galega de Montañismo (FGM) informa oficialmente de que, tras expirar o prazo regulamentario de inscrición para a Marcha de Bivaque 2026 —cuxo desenvolvemento estaba previsto para esta fin de semana nas emblemáticas Montañas de...
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo
T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal
HORARIO
Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.
Agosto: Pechado
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.




















