A rolda de prensa celebrada o 20/02/2026 en Noia, coa presenza do Vicepresidente da Federación Fernando Fernández Rey e dos alcaldes dos Concellos da Barbanza, confirmou o regreso da proba raíña do sendeirismo de resistencia: Os 100 do Barbanza.
Na presentación, salientouse o enorme esforzo organizativo do Club International Trekkers Barbanza Sar por deseñar un percorrido que une sete concellos.
Con saída e meta no pavillón Alonso Rodríguez o vindeiro 20 de xuño, esta cita non competitiva reafirma o compromiso da organización coa posta en valor do noso rural e o deporte saudable. Unha loxística impecable que permite aos participantes gozar dunha experiencia única, consolidando ao Barbanza como sede de referencia no calendario deportivo galego.
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
