A disputa da primeira xornada da liga de Sendeirismo Xunta de Galicia, Noia 25 km, celebrada o pasado 25 de febreiro no municipio coruñés de Noia e organizado polo club Trabandainas, finalizou cun gran éxito organizativo e deportivo. A pesar de que a climatoloxía non foi nada propicia, debido á borrasca que azoutaba ao norte de Galicia, fundamentalmente, a ilusión dos participantes e a súa capacidade para superar a adversidade, foron suficientes para impoñerse ás adversidades da choiva e o forte vento. Ao finalizar a suculenta comida ofrecida pola organización, Pilar Sanmartín, presidenta do Trabandainas, realizaba as seguintes valoracións.

Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.