986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Clubs e persoas federadas

Vogalía de "Clubs e persoas federadas"

A vogalía de “Accesos á escalada no medio natural”, ten como función principal a coordinación e xestión dos accesos e o mantemento dos espazos onde realizamos a escalada dentro de Galicia dentro dos espazos naturais. Os obxetivos básicos son, por un lado garantir de lexitimidade legal tanto a práctica da escalada en novas aperturas ou reequipamentos nas zonas de escalada situadas no medio natural, e por outro lado manter uns parámetros de seguridade axeitados nas zonas de escalada, mediante verificacións de resistencia e reequipamentos nos casos que se precise, no que se refire á instalación de ancoraxes permanentes, primando o consenso entre @s escalador@s e equipador@s locais.

Para que este traballo sexa viable, tanto económica como éticamente, é imprescindible a colaboración dos distintos axentes implicados: Federación Galega de montañismo, equipador@res, escalador@s clubes de montaña, outras asociacións, Xunta de Galicia, Diputacións, Concellos, compañías de seguros… Tamén se pretende poñer en valor o enorme traballo feito ata o momento por aperturistas e reequipadores de forma altruista, intentando ofrecer protección xuridica que poda estar derivada dun accidente nalgunha das vías nas que se podería haber traballado. Por outra banda resulta fundamental “sensibilizar á comunidade escaladora cara a importancia da práctica da escalada sustentable“. Para conseguilo, intentamos traballar en estreita colaboración coas diferentes administracións na protección de especies e do medio natural, a través de iniciativas como o estudo de especies protexidas en tódalas áreas de escalada da comunidade, En coordinación entre a FGM, a delegación en Galicia de Escalada Sostenible e os correspondentes servicios de protección da natureza. Estes estudos permitirán materializar unha regulación medio ambiental da escalada, no que o colectivo escalador necesariamente ten que ser partícipe do proceso regulador. 

Co fin de garantizar estabilidade na xestión de permisos con propietaros e conservación da natureza así como o seguimento da calidade das ancoraxes e futuros reequipamentos das diferentes áreas de escalada de todo o territorio galego, requírense convenios de colaboración coa administración de forma global con todas as áreas de escalada posible, para poder actuar en cada sitio según as necesidades, Un dos campos a traballar neste sentido é intentar engadir progresivamente as áreas de escalada no Censo de Instalacións Deportivas Non Convencionais da Dirección Xeral de Deportes a través dos concellos.
En definitiva, os deportistas poderán disfrutar con altos niveis de seguridade no que a ubicación e calidade de ancoraxes se refire, sen esquecer que practican unha actividade deportiva de risco, ademáis de aportar seguridade xurídica ós equipadores/requipadores ante propietarios e administración. 

Invitamos a todo aquel que crea neste proxecto a ser partícipe do mesmo!

Alfonso Louro

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content