Excelentes os resultados acadados polos escaladores e escaladoras dos clubs galegos na segunda xornada da Copa de España de Bloque e Velocidade (Cuenca, 20 e 21 de maio), organizada pola FEDME, indicados na imaxe do cadro.

Nada menos que quince finalistas na velocidade (oito mulleres e sete homes). Entre eles, conseguiron tres ouros (Iván, Xian e Nora) e dúas pratas (Hadrián e Javier León). Lembramos que onte tamén obtivo a posición de finalista (7ª) Natalia Vale en bloque. Hoxe tamén se disputou a proba pendente de bloque para a categoría absoluta, cun representante do Club Pena Trevinca – Montañeiros de Galicia, Santiago Franco (18º) e outro do Club Aromón Pontevedra Montañeiros a Roelo, Xavier Carballo (25º).

Con estes resultados, poco a pouco vaise afianzando en Galicia estas disciplinas olímpicas e que permiten albiscar un expléndido futuro destas especialidades, sempre que as administracións públicas con competencias en materia deportiva poñan en valor aos deportes de montaña.

As felicitacións da FGM a todos os deportistas, aos seus adestradores e aos seus clubs polo eficaz traballo que veñen realizando, pero tamén ás familias polo esforzo que fan.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade