
¡¡AVISO COVID DE ÚLTIMA HORA!!
Todos os e as competidoras inscritos a II Proba da Copa Galega de Escalada de Bloque 2021 – Roco Lugo non poderán estar no recinto de competición ata unha hora antes de comezar a súa rolda de competición. O motivo é evitar a aglomeración de competidores e competidoras durante os espazos de tempo que non teñen que participar.
Lémbrase o uso obrigatorio da máscara, e só se poderá prescindir dela cando estean participando. Tomarase a temperatura a todos os participantes.
Unha vez rematada a súa rolda, terán que abandonar o recinto.
Desexamos a colaboración de todos nesta cambio de última hora, para seguer a manter a saúde de todos os competidores, organizadores, árbitros e colaboradores destas probas.
Saúdos e boa saúde