Dende a Federación Galega de Montañismo (FGM) promovemos accións positivas para a integración da muller nos deportes de montaña. Fomentamos a participación das mulleres no ámbito da actividade física e o deporte, superando as barreiras ou obstáculos que aínda hoxe día dificultan a realidade dunha práctica deportiva con equidade de xénero.
>A muller pode disfrutar da natureza e a montaña a través de diferentes modalidades deportivas que fomenta a FGM: sendeirismo, marcha nórdica, escalada, alpinismo, carreiras por montaña, esquí de montaña, ferratas, barrancos… de tal forma que as mulleres poidan aprender e disfrutar da natureza e do deporte.
Por iso a FGM aprobou no 2017 a adhesión ao manifesto pola igualdade e participación da muller no deporte.