Clubs e persoas federadas

Vogalía de "Clubs e persoas federadas"
A vogalía de “Accesos á escalada no medio natural”, ten como función principal a coordinación e xestión dos accesos e o mantemento dos espazos onde realizamos a escalada dentro de Galicia dentro dos espazos naturais. Os obxetivos básicos son, por un lado garantir de lexitimidade legal tanto a práctica da escalada en novas aperturas ou reequipamentos nas zonas de escalada situadas no medio natural, e por outro lado manter uns parámetros de seguridade axeitados nas zonas de escalada, mediante verificacións de resistencia e reequipamentos nos casos que se precise, no que se refire á instalación de ancoraxes permanentes, primando o consenso entre @s escalador@s e equipador@s locais.
Para que este traballo sexa viable, tanto económica como éticamente, é imprescindible a colaboración dos distintos axentes implicados: Federación Galega de montañismo, equipador@res, escalador@s clubes de montaña, outras asociacións, Xunta de Galicia, Diputacións, Concellos, compañías de seguros… Tamén se pretende poñer en valor o enorme traballo feito ata o momento por aperturistas e reequipadores de forma altruista, intentando ofrecer protección xuridica que poda estar derivada dun accidente nalgunha das vías nas que se podería haber traballado. Por outra banda resulta fundamental “sensibilizar á comunidade escaladora cara a importancia da práctica da escalada sustentable“. Para conseguilo, intentamos traballar en estreita colaboración coas diferentes administracións na protección de especies e do medio natural, a través de iniciativas como o estudo de especies protexidas en tódalas áreas de escalada da comunidade, En coordinación entre a FGM, a delegación en Galicia de Escalada Sostenible e os correspondentes servicios de protección da natureza. Estes estudos permitirán materializar unha regulación medio ambiental da escalada, no que o colectivo escalador necesariamente ten que ser partícipe do proceso regulador.
Co fin de garantizar estabilidade na xestión de permisos con propietaros e conservación da natureza así como o seguimento da calidade das ancoraxes e futuros reequipamentos das diferentes áreas de escalada de todo o territorio galego, requírense convenios de colaboración coa administración de forma global con todas as áreas de escalada posible, para poder actuar en cada sitio según as necesidades, Un dos campos a traballar neste sentido é intentar engadir progresivamente as áreas de escalada no Censo de Instalacións Deportivas Non Convencionais da Dirección Xeral de Deportes a través dos concellos.
En definitiva, os deportistas poderán disfrutar con altos niveis de seguridade no que a ubicación e calidade de ancoraxes se refire, sen esquecer que practican unha actividade deportiva de risco, ademáis de aportar seguridade xurídica ós equipadores/requipadores ante propietarios e administración.
Invitamos a todo aquel que crea neste proxecto a ser partícipe do mesmo!
Alfonso Louro